casa no courel



No medio da decepcionante e en moitos casos desoladora panorama da paisaxe e arquitectura en Galicia, aínda quedan pequenos retrinques do territorio onde se pode apreciar o que esta terra foi ata non hai moitos anos.  Un destos lugares está nas montañas orientais do país, no Courel, onde a arquitectura popular pervive no medio de impreionates fragas e soutos. Porén en casi toda Galicia a arquitectura popular agoniza entre moles de formigón e ladrillo, edificios que malinterpretan a modernidade, que desprecian o seu entorno e que se implantan de maneira autista, destrozando o patrimonio. Mentres a administración mira con condescendencia a desfeita xeneralizada, desregulamentando e permitindo destrozar os poucos lugares que persisten.
É nesta situación onde a sinxela casa do arquitecto Carlos Quintáns adquire máis valor polo seu exemplar respeto polo entorno, sen renunciar por elo á modernidade,  e entendo que é neste senso no que se interpreta esta casa como manifesto neste artigo de Anatxu Zabalbeascoa publicado no diaría El Páis en novembro do ano 2010.



A casa  situase no borde inferior da aldea de Paderne no Concello de Folgoso do Courel (Lugo) mirando ó val do río Pequeno, e esta rematada exteriormente en madeira de castiñeiro e lousa no tellado.

No comments:

Post a Comment