David Gilmour : Shakespeare`s Sonnet 18




Shall I compare thee to a summer’s day?

Thou art more lovely and more temperate:

Rough winds do shake the darling buds of May,

And summer’s lease hath all too short a date;

Sometime too hot the eye of heaven shines,

And often is his gold complexion dimm’d;

And every fair from fair sometime declines,

By chance or nature’s changing course untrimm’d

But thy eternal summer shall not fade,

Nor lose possession of that fair thou ow’st;

Nor shall death brag thou wander’st in his shade,

When in eternal lines to time thou grow’st:

So long as men can breathe or eyes can see,

So long lives this, and this gives life to thee.

The sun: Three Years in Three Minutes

hypnotic scenes



the known universe




In this video of the  Amarican Museum of Natural History  we can see how tiny we are. They guide us through the universe, in a journey which starts at the Himalayas ending at the Big Bang in the begining of our universe.
It is in my opinion one of the best renders I saw to realize how small we are. It makes continuous references to space  [in light scale] , so we can have an idea of the size of our endless universe.

A nosa historia nun minuto


Un bo video para a reflexión sobre o noso presente pasado e futuro. Tal e como di  Richard Dawnkins  "the idea of a divine creator belittles the elegant reality of the universe",  que ven sendo que a idea de un deus creador menosprecia a elegante realidade do universo

boas festas

Aproveito esta fermosa música de JFB para vos desexar unha boas festas agora que o sol se atopa, no hemisferio norte, no seu percorrido máis curto pola esfera celeste

 FELÍZ SOLSTICIO DE INVERNO!

Aquellarre inmobiliario


Hai uns días escoitando este conferencia do economísta Jose Manuel Naredo, na web de Paisaje Transversal pensei neste capítulo do libro "Raices económicas del deterioro ecológico y social. Mas allá de los dogmas" 
Publicado no 2006 no medio da euforia constructiva na que viviamos, aparecen nel varios paragrafos premonitorios e descritivos da situación na que nos atopamos.

"Ó mellor as penalidades da posguerra foron as que desataron a bulimia que ven acusando desde tempo atrás a economía española. O seu metabolismo non parece moi saudable cando devora enerxía e materiais e xera residuos a ritmos verdadeiramente trepidantes.
 Este culmina co aquelarre inmobiliario que vive a economía española dende fai algo máis dun lustro ...
A construcción de edificios difúndese así polo territorio a modo de melanoma sen control: o exceso de grúas e a escaseza de árbores ofrece hoxe no noso país un paisaxe singular en Europa " 

Aínda que os casos dos que fala José Manuel Naredo non se atopan na nosa terra, non fai falla moita imaxinación para pensar en exemplos semellantes en Galicia. Sen ir máis lonxe, hoxe mesmo no diario El Pais aparece esta noticia sobre a coñecida urbanización no concello de Miño

So agarda esperar que os nosos gobernantes se dean de conta e reaccionen ante estas evidencias. Que non intenten voltar ás andadas, propiciando o deterioro ecolóxico paisaxístico e social no que nos meteron estas políticas.


o prado das chantas


Nun pequeno chan da ladeira de Pena Teixeira a 657 metros de altitude no medio da Serra do Xistral atopamos este círculo lítico chamado o "Prado das Chantas". O panorama que o rodea é espectacular só deteriorado polos numerosos aeroxeradores dos cumios de Os Penidos.
 

Este círculo lítico é o remate dun aliñamento de oito túmulos funerarios que se estende ladeira abaixo. Se finalmente se confirmarse a súa datación megalítica penso que este crómlech sería único na Galiza. 


Deixando á marxe a súa datación, ben sexa neolítica, medieval ou máis recente, é indubidable o seu valor paisaxístico e como tal debería de ser valorado e conservado. 

Galiza dende Punta Candieira

Escribía o noso poeta  de Celanova  Celso Emilio Ferreiro na  "Longa Noite de Pedra" nun poema chamado "Gabanza dos Canteiros"
purros tectónicos
ergueron o zarrizo xeolóxico,
a pétrea arquitectura da nai terra,
a primeira estructura das montañas

Difícilmente se pode expresar mellor o que se sente cando un se atopa no cumio dalgún dos cantís da serra da Capelada, preto de Ortegal, no impresionante encontro do macizo galaico co Océano Atlantico.


A única pega que se podería poñer a esta paisaxe é a invasión de eucaliptos debido o monocultivo destas árbores alóctonas.