Con frecuencia ven a miña memoria a coñecida melodía do tema Aquarela do Brasil que ten a forza e intensidade para me alegrar en momentos tristes e difíciles. O tema foi composto polo mestre Ary Barroso alá polo ano 1939 parece ser que nunha noite de chuvia. A letra da canción alaba as cualidades do país brasileiro rematando toda-las estrofas co suxerente ... ... pra mín pra mín.
En 1985 a película Brazil de Terry Gilliam utilizou esta melodia repetidamente e penso que gran parte do precioso ambiente e atmosfera que consegue se debe ás diferentes versions que Michael Karmen fai do fermoso tema do Ary Barroso.

No comments:
Post a Comment