Aquellarre inmobiliario


Hai uns días escoitando este conferencia do economísta Jose Manuel Naredo, na web de Paisaje Transversal pensei neste capítulo do libro "Raices económicas del deterioro ecológico y social. Mas allá de los dogmas" 
Publicado no 2006 no medio da euforia constructiva na que viviamos, aparecen nel varios paragrafos premonitorios e descritivos da situación na que nos atopamos.

"Ó mellor as penalidades da posguerra foron as que desataron a bulimia que ven acusando desde tempo atrás a economía española. O seu metabolismo non parece moi saudable cando devora enerxía e materiais e xera residuos a ritmos verdadeiramente trepidantes.
 Este culmina co aquelarre inmobiliario que vive a economía española dende fai algo máis dun lustro ...
A construcción de edificios difúndese así polo territorio a modo de melanoma sen control: o exceso de grúas e a escaseza de árbores ofrece hoxe no noso país un paisaxe singular en Europa " 

Aínda que os casos dos que fala José Manuel Naredo non se atopan na nosa terra, non fai falla moita imaxinación para pensar en exemplos semellantes en Galicia. Sen ir máis lonxe, hoxe mesmo no diario El Pais aparece esta noticia sobre a coñecida urbanización no concello de Miño

So agarda esperar que os nosos gobernantes se dean de conta e reaccionen ante estas evidencias. Que non intenten voltar ás andadas, propiciando o deterioro ecolóxico paisaxístico e social no que nos meteron estas políticas.


No comments:

Post a Comment